0/350 inscritos (%)

A Fortaleza é un evento que nace en Castroverde, que combina disciplinas BTT e Gravel con un puntiño de festa rachada ;)

Esta terceira edición, como gran novidade, levarase a cabo durante 2 días: venres 15 e sábado 16 de maio de 2026.

Recollida de dorsais

  • Venres 15: 19:00 - 21:00, na praza do Concello de Castroverde
  • Sábado 16: 07:30 - 09:00, na praza do Concello de Castroverde

Formularios de inscrición

A continuación, facendo clic en cada un dos seguintes botóns, accederás ao formulario para inscribirte 📝 na ruta BTT & Gravel ou poder mercar o suadoiro AFCV26.

Aloxamentos

Na seguinte táboa podes atopar os diferentes aloxamentos que se atopan preto de Castroverde. En A Pociña de Muñiz, Casa do Queixeiro e Pensión Roma, se estás inscrito en A Fortaleza, coa xustificación PDF de CCNorte, terás un 20% de desconto:

Nome Desconto Tipo Teléfono Páxina web Ubicación Distancia
A Pociña de Muñiz Albergue turístico de 1ª categoría 616 237 776
628 298 805
apocinademuniz.es Vilar de Cas 29, Moreira (Santa María),
27142 Castroverde, Lugo
~7,9 km
Casa do Queixeiro Pensión ⭐ 650 151 160
626 648 326
casadoqueixeiro.es Travesía Montecubeiro 25,
27120 Castroverde, Lugo
~0,5 km
Pensión Roma Pensión ⭐⭐ 680 585 099 pensionromacastroverde.com Rosalía de Castro, 61,
27120 Castroverde, Lugo
~0,2 km
Lucio Rodinso - Apartamentos turísticos 698 902 603 luciorodinso.gal Rodinso nº 4,
27128 Castroverde, Lugo
~2,9 km

Programa

LOCALIZACIÓN

Castroverde

Praza do concello, 27120, Castroverde, Lugo

Datos de interese:

- Como chegar: pola carretera LU-530 de Lugo á Fonsagrada ou pola DP-1611.

Tracks

Curta · 31 KM +800
Longa · 44 KM +1200
Gravel · 60 KM +1250

Grazas pola vosa colaboración!

Unha vez máis, queremos dar as grazas a todo o mundo que fixo posible esta III edición de A Fortaleza de Castroverde. Para nós, non hai mellor satisfacción que a do noso pobo, grazas Castroverde e arredores!